"Exposición de 18 fotografías do Monxe Budista e Fotógrafo Martín (Thupten Chophel), que abarcan temas primordialmente de natureza e animais, coa peculiaridade de que tódalas fotos levan unha reflexión escrita na súa base e que ten relación coa imaxe. Nestes intres vivimos nun mundo estresante e cheo de problemas. Estas imaxes invitan á Meditación, Reflexión e Interiorización."
Do 18 de febreiro ata o 8 de marzo, na casa da xuventude de Vigo
"Into de world"
Nova exposición na Casa da Xuventude
Miguel Selas
Fotografía
Do 7 ata o 25 de xaneiro
Título: "Into the world"
"Unha mirada a través dos sentidos deste maiúsculo mundo, tan grande como para perderse nel e, ao tempo, tan pequeno como para caber no noso corazón. Na alma do home está a alma do mundo, o silencio da sabedoría, que nos ensina que o esencial é invisible aos ollos. O que non se ve é o importante. Polo que non se ve sucede o que vemos"